terça-feira, 2 de fevereiro de 2016

galiza en alfama



viñeches dos mares de vigo 
montar unha tasca en lisboa 
es señor dunha quimera 
es un galego no mundo 
tal vez soñes con sereas 
ás portas da capital 
conquistador de amenas 
es capitán xeneral 

das ondas do mar de vigo 
un barco traes miudiño 
cantas esperanzas ficaran 
daquela ás portas de porriño 
hai por aquí máis galegos 
coma ti van galegando 
nesta terra prometida 
ao soño se aconchegando 

vas ser o rei das tapas 
traes alma de poeta 
paxariños na gaiola 
xa trazaches túa meta 
de pandeiradas e xotas 
lonxe fica a moraría 
na maleta as lembranzas 
de gaivotas da galiza 

andas nas mareas do mundo 
es mariñeiro descalzo 
es prisioneiro dos soños 
neste barco apresado 
traes contigo a pregunta 
(coma ela es carne e uña) 
por que será que a lisboa 
non te chega a coruña?

(c) Carlos Clara Gomes
tradução para Galego: Carlos Santiago

Sem comentários:

Enviar um comentário